jueves, 7 de diciembre de 2017

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

O 25 de novembro foi o día mundial contra a violencia de xénero; no cole realizamos un taller de coeducación da man de Elsa, dentro do programa Camiña con nós pola igualdade do Concello de Vigo. A finalidade deste programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos dende a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.


Elsa comezou o taller co conto Iriña Bailarina... Como o seu nome indica Iriña é unha bailarina que vive nunha fermosa caixa de música ata que cansada de facer sempre o mesmo decide intercambiarse cos bonecos de futbolín.


A lectura do conto permitiunos reflexionar sobre os estereotipos de xénero a través de actividades adecuadas a súa idade. Aquí vos deixamos unha mostra: 


Outros contos para traballar a coeducación e igualdade de xéneros:

lunes, 27 de noviembre de 2017

20 DE NOVEMBRO

O 20 de Novembro celebrouse o Día dos Dereitos do Neno.
Na clase de Relixión traballamos un pouco sobre este tema.
Aquí déixovos un vídeo.




CLASE DE RELI


Aquí tendes unha pequena mostra do que facemos na clase de Relixión.
Nestre 1º Trimestre estamos a traballar as normas do cole e da casa, a familia e o Nadal.



















sábado, 18 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017

O venres 10 de novembro celebramos o magosto no cole, moitas grazas aos papás que asaron as castañas e colaboraron con nós! Aquí tedes algunhas fotos do ben que o pasamos cos compañeiros e compañeiras no patio:


Aproveitamos para compartir tamén algunhas actividades do outono que fixemos durante estas semanas no cole, moitas grazas tamén ás familias por achegar os elementos naturais relacionados con esta estación do ano.

Clasificamos e manipulamos elementos da contorna
Pintamos as follas con témpera para que se asemellen a uns bichiños moi simpáticos
Decoramos a árbore das estacións con eles

domingo, 12 de noviembre de 2017

VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS | CONCIENCIA EMOCIONAL

Como xa sabedes dende a escola estamos participando no proxecto “Viaxe ao reino das emocións” da fundación meniños. A nosa primeira parada dentro desta viaxe é a conciencia emocional, é dicir, axudar aos nenos e nenas a recoñecer emocións e saber nomealas, tanto as propias como as alleas. 
Para iso, comezamos a viaxe cun relato que ten como protagonista a Draco, un dragón con problemas de autocontrol que aparece no reino das emocións a causa dun enfado. Alí atópase a fada Andreia que intentará axudalo. 


A través das preguntas do sabio e cos nosos monicreques, inventamos e dramatizamos as nosas historias.






Cada día na asemblea reflexionamos acerca do noso parte meteorolóxico persoal. Sentámonos comodamente cos ollos pechados e tomamos o noso tempo para descubrir como nos sentimos nese momento. Que tempo fai dentro de nós? Estamos relaxados e brilla o sol? ou o ceo está cheo de nubes e a punto de caer unha chuvieira? quizás sexa unha tormenta? De forma amable e curiosa observamos como nos sentimos, de xeito que non podemos cambiar o tempo exterior tampouco podemos cambiar o noso humor, aínda que noutro momento do día pode que cambie. O encargado do día debuxa como se sinte.


Aproveitando o Samaín traballamos o medo, debuxamos e coloreamos os nosos medos de xeito que foran graciosos.


Para rematar o traballo sobre conciencia emocional preguntámonos: onde sentimos a emoción? Cada neno pintou con acuarelas a súa silueta humana e marcou cun gomet a parte do corpo coa que sinte as distintas emocións.


Tamén vos deixamos uns cantos contos sobre esta temática:

lunes, 6 de noviembre de 2017

SAMAÍN 2017

Chegou o Samaín e no cole fixemos moitas actividades para festexalo: cintas para o cabelo de cabaciñas, masaxes de calafríos, desfile de disfraces, exposición de cabazas que elaborou o alumnado nas casas coas súas familias, cine, bailes e cancións, entre outras cousiñas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra que agardamos vos guste :)